Zona cliente

Atención ao cliente de luz e gas R

Axudámosche a resolver as túas dúbidas

Se xa es cliente

app ou área de cliente:

  • Ponte en contacto connosco cando queiras
  • Revisa as túas facturas e descontos
  • Optimiza a túa potencia

E moito máis...

teléfono: 900 622 690

horario: De L-V de 9 a 22h e S de 9 a 15h

correo electrónico: [email protected]

Ir á área de cliente

Se aínda non es cliente

se tes algunha consulta ou desexas contratar, podes chamarnos por teléfono ou pedir que te chamemos gratuitamente e sen compromiso.

teléfono de contratación e información: 900 825 344

horario: De L-V de 9 a 21h e S de 9 a 14h

Chamádeme

Se es cliente, descarga a app gratis!

Preguntas frecuentes

Se non atopas o que buscas, escríbenos dende a app ou a área de cliente

Que é luz e gas R?

luz e gas R é o servizo de R que ofrece luz 100 % verde e gas para fogares en España. Todas as nosas tarifas son sen permanencia. Ademais, a todos os nosos clientes de telefonía ofrecémoslles descontos mensuais exclusivos en R por darse de alta en luz ou gas. Adicionalmente, contamos cunha app coa mellor tecnoloxía que che axudará a coñecer mellor os teus hábitos de consumo e a ser máis eficiente.

Teño que ser de R para contratar luz e gas R?

Non. Calquera usuario pode darse de alta na luz ou o gas con luz e gas R. No entanto, sendo cliente R terás acceso a numerosas vantaxes e descontos mensuais na túa factura de telefonía que che axudarán a aforrar.

Canto se tarda en dar de alta a subministración?

O cambio de compañía eléctrica adoita ser un proceso rápido e sinxelo.

Na maioría dos casos, o cambio de compañía eléctrica adoita realizarse entre os 2 e 7 días seguintes á sinatura do teu contrato connosco (esta duración depende directamente da túa distribuidora). Aínda que legalmente se pode demorar ata 21 días, pero non máis.

Aplícanse directamente os descontos?

Si. Ao contratares a luz ou o gas con luz e gas R aplicámosche o desconto na túa liña de R automaticamente. Se queres cambiar de liña á que queres que se aplique o desconto que obtiveches, podes chamar a atención ao cliente ou poñerte en contacto connosco escribindo a [email protected]

Como cambio o titular dun contrato?

Podes facer o cambio de titular poñéndote en contacto connosco en atención ao cliente a través do número de teléfono 900622690, ou en calquera momento dende a túa App ou Área de Clientes. Se queres realizalo ao mesmo tempo que a contratación, tamén podes facelo indicándonos os datos do novo titular no formulario de contratación.

Canto aforro con luz e gas R?

En luz e gas R podes aforrar de diferentes xeitos.

  • Se xa es cliente de R, gozarás de descontos mensuais para sempre por contratares luz ou gas connosco. Estes descontos son acumulables, é dicir, cantas máis altas de luz ou gas teñas connosco, máis descontos acumularás cada mes, logrando que a túa factura de teléfono che saia practicamente gratis.
  • Tamén, por convidar aos teus amigos a vir a luz e gas R, obteredes 20 € de desconto na factura da luz, tanto ti coma o teu amigo, cando este se dea de alta connosco.
  • Adicionalmente a isto, os nosos prezos de luz e gas son competitivos, co que poderás aforrar máis cada mes no teu consumo.
  • Dende a nosa App e Área de Cliente tamén poderás seguir as recomendacións personalizadas de eficiencia enerxética, para poderes reducir aínda máis a túa factura de enerxía cada mes.
  • Faremos anualmente, de xeito gratuíto, un estudo da túa potencia para indicarche se estás a usar máis da que precisas. Se é o caso, optimizala axudarache a aforrar unha media de 60 € ao ano.

Os descontos mensuais son acumulables?

Os descontos mensuais por contratar luz e gas R sendo de R si se poden acumular e aplícanse só á factura de telefonía. Para iso cómpre estar ao corrente do pagamento e permanecer cos servizos dados de alta. Por cada contrato de luz que teñas con luz e gas R, obterás 6 €/mes de desconto (IVE incluído) na túa factura de telefonía. Por cada contrato de gas que teñas connosco, gozarás de 3 €/mes máis ao mes (IVE incluído). Podes acumulalos ata que a túa factura de telefonía en R che saia gratis.

Os descontos do Plan Amigo son acumulables?

Os descontos de 20 € do Plan Amigo e Segunda Vivenda pódense acumular, pero só poderás beneficiarte cada mes de 5 € de dto. como máximo, impostos incluídos, na túa factura da luz. (Non se acumulan no mesmo mes e tampouco se acumulan na factura do gas). Podes revisar as condicións da promoción aquí.

Como podo gozar do meu Plan Amigo?

Para poderes gozar do teu desconto de 20 € na factura da luz, debes convidar todos os amigos que queiras a pasaren a luz e gas R. Cando un amigo se dea de alta connosco, tanto ti coma el recibiredes 20 € de desconto (IVE incluído) repartido en 5 € durante 4 meses.

Onde se verá reflectido o desconto do Plan Amigo?

Os descontos do Plan Amigo e Segunda Vivenda veranse reflectidos nun apartado específico na túa factura, na Área de Cliente e na App. Así poderás estar sempre ao tanto do teu aforro con luz e gas R.

Se marcho de luz e gas R, perdo os descontos na factura de telefonía?

Si. Para poderes desfrutar do teu desconto mensual de 6 € de luz e 3 € de gas (IVE incl.) na túa factura de R, debes permanecer dado de alta en luz e gas R e estar ao corrente do pagamento en cada un dos contratos.

Que facer en caso dun apagamento ou avaría?

Se experimentas un apagamento ou avaría na túa subministración eléctrica, o máis rápido é contactar coa túa distribuidora. Na túa factura poderás atopar o número de teléfono da distribuidora correspondente á túa zona. A continuación, deixámosche os números das cinco distribuidoras máis grandes:

Endesa Distribución:
900 850 840 (Andalucía, Extremadura, Murcia, Castilla la Mancha)
900 848 900 (Aragón, Castilla y León, Navarra, La Rioja y C. Valenciana)
800 760 706 (Cataluña)

Iberdrola Distribución:
900 171 171

Unión Fenosa Distribución:
900 111 999
900 111 444

Hidrocantábrico Distribución:
900 907 001

Viesgo Distribución:
900 118 866

Que facer se a resposta da distribuidora non é satisfactoria?

Se a resposta da distribuidora non che convenceu ou precisas máis información, podes pórte en contacto connosco en luz e gas R e estaremos encantados de axudarche. Ademais, tes diferentes vías de contacto:

  • Se es cliente noso podes descargar a nosa App e entrar na túa área de cliente. Alí poderás controlar a túa conta e o teu consumo e terás acceso a outras moitas funcionalidades que che permitirán obter máis información para solucionar calquera incidencia que poidas ter. Tamén serás consciente de calquera cambio ou novidade que se poida producir nas nosas condicións para obter a maior eficiencia, tanto nas túas necesidades, como no gasto que realizas mensualmente.
  • Por outra banda, se prefires facer unha chamada telefónica, podes marcar o 900622690 e contestarémosche no menor tempo posible. Tamén tes a opción de chegar a nós a través do correo electrónico [email protected]
  • Se non es cliente tamén podes contactar con luz e gas R chamando ao teléfono 900825344.