Por que elixir luz e gas R?
Sen permanencia
Es libre de elixir. Non temos compromiso de permanencia en ningunha das nosas tarifas.
Vantaxes por seres de R
Descontos mensuais para sempre na túa factura de telefonía só por seres de R
Compensamos a túa pegada de CO2
Compensamos a pegada de carbono do consumo de gas dos nosos clientes, reforestando bosques que o precisan.
Unha app para a túa tranquilidade
Toda a túa xestión nun mesmo lugar: revisa o teu consumo, facturas, potencia e descontos, e ponte en contacto connosco en calquera momento.
Preguntas frecuentes
Cal é o formato e peso máximo admitido do arquivo de factura?
O formato aceptado é PDF e non debe superar os 10 MB de tamaño e peso. Adicionalmente, debe ter a mellor calidade posible para poder identificar e analizar os detalles da factura para así poder ofrecerche unha proposta adaptada ás túas necesidades.
¿Pódese subir calquera factura de luz?
Si. Pódese subir calquera factura de luz de calquera comercializadora eléctrica á que pertenzas.
¿Que requisitos adicionais debe ter o arquivo?
Debe ter a calidade suficiente para que os detalles esenciais, como o consumo e o prezo da enerxía, sexan visibles e identificables polos nosos sistemas. Basta con que a imaxe estea encadrada e se poidan ler os números e as letras.
Subir o arquivo, ¿me compromete a algo?
Non che compromete a nada. Usamos os datos que aparecen na túa factura para calcular e desenvolver unha proposta personalizada ás túas necesidades. Despois ti decides se contratar ou non connosco. Recordámosche que as nosas tarifas non teñen compromiso de permanencia.
¿Que facedes despois cos datos facilitados?
Os datos que nos facilitas trátolos coa finalidade de poñernos en contacto contigo por distintos medios, electrónicos ou non electrónicos, e así ofrecerche as propostas de enerxía que máis se poidan axustar ás túas necesidades.
Non me deixa subir o arquivo, ¿como podo contactar?
Se algo fallou á hora de cargar o teu arquivo, ponte en contacto connosco gratuitamente a través do teléfono 900733733 e deseñámosche unha proposta axustada ás túas necesidades.
¿Como se calcula o meu aforro?
O aforro que se mostra unha vez subes a túa factura, corresponde ao prezo da enerxía para os seguintes seis meses e aos descontos vixentes no momento da consulta. Estes descontos aplícanse na túa tarifa de luz (na túa factura) e, en caso de ser cliente de R, na túa tarifa de telefonía pola contratación de luz. Esta oferta é vixente só no momento da consulta. Posteriormente, é susceptible de sofrer cambios.