Chámanos ao

900 733 733

Bases legais "Desconto en R ao contratar luz e gas R"

1.- Empresas organizadoras

R CABLE Y TELECABLE TELECOMUNICACIONES, S.A. (no sucesivo, "R CABLE"), con domicilio social na rúa Real, 85, 15003, A Coruña, provista de CIF A-15474281 e Energía Colectiva, S.L., (en diante Energía Colectiva ou luz e gas R) con CIF B98670003, e domicilio social na Rúa Juan de Austria 28, 4ª planta, 46002, Valencia, e inscrita no Rexistro Mercantil de Valencia, Tomo: 9855, Folio: 40, Sección: 8, Folla Rexistral: V-161419, Inscrición: 8 (en diante, conxuntamente, "Organizadoras") organizan esta promoción denominada "Promoción en R ao contratar luz e gas R (en diante, "Promoción luz e gas R" ou a "Promoción"), que se rexerá polas seguintes bases legais (en diante, "Bases Legais").

2.- Obxecto da promoción

O obxecto da Promoción é incentivar, durante o Período de Vixencia desta, as novas contratacións coas Organizadoras e fidelizar aos seus actuais clientes.

3.- Período de vixencia

A Promoción será aplicable unicamente a contratacións que se subscriban validamente, conforme a estas Bases legais, entre os días 09/02/2026 e 28/2/2026, sempre en horario peninsular español (en diante "Período de Vixencia"). Non obstante, se houbera algunha variación en calquera das condicións aplicables a estas bases, publicarase unha nova versión onde se indicará o que cambia e o momento no que se produce dita modificación.

4.- Ámbito territorial

A presente Promoción será válida para todas as canles de venda oficiais de R situadas no territorio nacional autorizadas para a comercialización dos servizos de luz e gas R.

5.- Participantes, requisitos

Poderá beneficiarse da Promoción toda persoa que cumpra todos os seguintes requisitos (en diante, "Participantes"):

  • Ser titular dun contrato de telecomunicacións con R do mercado residencial con polo menos unha liña móbil, e que o mesmo estea activado correctamente e en vigor.
  • Contratar con luz e gas R, un contrato de subministración de enerxía (electricidade e/ou gas) dalgún dos servizos indicados no Anexo I como compatibles e que fora contratado a través de calquera canle de venda oficial de R autorizado para a comercialización dos servizos de luz e gas R, estando ditos contratos "activos", entendéndose como tal que a empresa distribuidora correspondente ao punto de subministración outorgue o correspondente acceso á súa rede, o que implica que acepte a contratación como válida e, efectivamente, faga constar como comercializadora a Energía Colectiva.

Son requisitos necesarios para manter o beneficio de desconto da Promoción:

  • Manter en vigor e activo tanto o contrato de telecomunicacións con R como o contrato de enerxía con luz e gas R.
  • Rexistrar un correo electrónico válido durante o proceso de contratación. Para participar na Promoción, os participantes recibirán comunicacións dos seus servizos contratados a través do email rexistrado.

6.- Accesibilidade

Estas Bases Legais quedarán publicadas e accesibles a todos os Participantes e público en xeral na seguinte dirección: https://luzegasr.gal

7.- Incentivos

7.1.- Desconto na factura de telecomunicacións de R

Dependendo do servizo contratado con luz e gas R, se é luz (electricidade) ou gas natural, os Participantes recibirán o desconto na súa factura de telecomunicacións que se indica a continuación:

  • O Participante poderá beneficiarse dun desconto de 4,96€ máis impostos (6,00€ en península, incluíndo IVE) por cada contrato de electricidade, e/ou dun desconto de 2,48€ máis impostos (3,00€ en península incluíndo IVE) por cada contrato de gas, aplicable ao produto de telecomunicacións de R que o Participante teña contratado e seleccione. Os descontos son acumulables entre si.

O Participante poderá aplicar tantos descontos sobre o seu produto de telecomunicacións como contratos de enerxía teña subscritos con luz e gas R, sendo o límite mensual de ditos descontos o importe total mensual do produto de telecomunicacións seleccionado. O exceso de desconto non será acumulable nin reembolsable.

7.1.1.- Desconto aplicable e condicións

O desconto será aplicable sempre que concorran simultaneamente as seguintes condicións:

i) Que o Participante teña contratados servizos de telecomunicacións de acordo co disposto no número 5 anterior con R e o produto de telecomunicacións seleccionado se atope activo en dita data.

ii) Que o Participante se atope ao corrente de pago das obrigacións derivadas dos seus contratos de enerxía e de telecomunicacións nese momento.

iii) Mentres o Participante manteña activo os contratos de enerxía e de telecomunicacións e ao corrente de pago.

7.1.2.- Modo de aplicación do desconto

  • Dito desconto xerarase o último día de cada mes, e aplicarase na seguinte factura de servizos de telecomunicación.

7.2.- Perda dos incentivos

Ademais de polo incumprimento dos requisitos e condicións establecidos nestas Bases Legais, deixarase de obter nos seguintes casos:

  • Que se produza a baixa do contrato de servizos de telecomunicacións que orixinara a aplicación do desconto e/ou a baixa do contrato de subministración enerxética con luz e gas R sobre o que se aplicara o desconto.
  • Que se produza o fin do acordo comercial entre Energía Colectiva e R que dera lugar a esta Promoción.

8.- Aceptación das bases legais

Coa súa participación na Promoción o Participante acepta estas Bases Legais. O Participante acepta que as Organizadoras poidan aprazarar, acurtar, prorrogar, modificar, cancelar ou suspender a Promoción se fora necesario, sen que iso implique ningunha responsabilidade para elas, quen o comunicarán tan pronto como sexa posible na web: https://luzegasr.gal

As Organizadoras quedan facultadas para resolver calquera continxencia non prevista nas presentes Bases Legais, así como para interpretar as mesmas, sen prexuízo do sinalado nestas Bases Legais en caso de controversia.

9.- Lei e xurisdición aplicable, controversia

As presentes bases ríxense pola lei española e tanto os Participantes como as Organizadoras sométense expresamente, para o coñecemento de calquera litixio que puidera presentarse en canto á interpretación e/ou aplicación das presentes Bases Legais, á xurisdición e competencia dos Xulgados e Tribunais do domicilio do cliente ou do lugar no que se prestan os servizos contratados, a elección do cliente, sen prexuízo do foro que por lei lles puidera corresponder.

10.- Fiscalidade

Os prezos que se apliquen nas facturas terán o tratamento fiscal que se derive da normativa fiscal no momento do seu devengo e que resulte de aplicación.

11.- Tratamento de datos persoais

Para o desenvolvemento da presente Promoción é necesario o tratamento de datos de carácter persoal dos Participantes. Os datos solicitados son de carácter obrigatorio para cumprir coas finalidades previstas nas presentes Bases Legais da Promoción polo que, se non se facilitan os mesmos ou se facilitan de maneira defectuosa, non poderá participarse na Promoción de forma adecuada. Neste sentido, o Participante garante que os datos achegados son verdadeiros, exactos, completos e actualizados, non sendo responsable R de calquera dano ou prexuízo que puidera ocasionarse como consecuencia do incumprimento de tal obrigación

Tendo en conta que para beneficiarse da presente Promoción é necesario (i) ser cliente de R, o tratamento dos datos persoais dos Participantes, por parte de R, levarase a cabo segundo o disposto na cláusula de protección de datos do seu contrato ii) ser cliente de ENERGÍA COLECTIVA, o tratamento dos datos persoais dos Participantes, por parte de ENERGÍA COLECTIVA, levarase a cabo segundo o disposto na Política de Privacidade de Clientes do contrato que subscribira con dita entidade

Para poder verificar o cumprimento dos requisitos que permiten beneficiarse da Promoción, as Organizadoras intercambiarán información de carácter persoal relativa ao cliente (DNI, NIE, NIF), sendo a base de lexitimación a correcta execución e desenvolvemento do disposto nas Bases Legais desta Promoción

Os Participantes poderán revocar o consentimento en calquera momento, así como exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, solicitar a portabilidade e a limitación do tratamento dos seus datos mediante o envío da solicitude por correo electrónico a:
R: dpd@mundo-r.net
ENERGÍA COLECTIVA: dpo@energiacolectiva.es