Política de privacidade
A presente política de privacidade ten por finalidade informar de como luz e gas R, vai tratar os datos persoais que se poidan recoller a través da páxina web https://luzegasr.gal, así como nos seus perfís das redes sociais e calquera outra plataforma dixital ou medio electrónico no que se traten datos persoais. luz e gas R reserva o dereito de modificar os presentes termos para axeitalos ás novidades legais ou xurisprudenciais. Nos devanditos supostos anunciaranse nesta páxina os cambios introducidos con razoable antelación á súa posta en práctica. A utilización dos nosos servizos unha vez comunicado este cambio implicará a aceptación dos mesmos.
1.1. Quen é o responsable do tratamento dos seus datos?
O responsable do tratamento é a sociedade ENERGÍA COLECTIVA S.L. ("luz e gas R"), N.I.F. B-98670003 e domicilio en Calle Don Juan de Austria, nº 28, Pta. 4, 46002, Valencia, España. Pode contactar co noso Delegado de Protección de Datos (DPD ou DPO) enviando un correo electrónico a [email protected].
1.2. Con que finalidade tratamos os seus datos e baixo que lexitimación?
Os datos que recollamos a través da nosa páxina web serán tratados coas seguintes finalidades:
a) Fornecer información comercial dos nosos produtos ou servizos por calquera medio, incluído o electrónico.
luz e gas R pode tratar os datos identificativos, enderezo e de contacto que nos proporcione nos nosos formularios de contacto coa finalidade de lle fornecer información comercial dos nosos produtos e servizos por calquera medio, incluído o electrónico (como, por exemplo, SMS ou correo electrónico).
Este tratamento farase segundo o consentimento do interesado, manifestado no momento de proporcionar os datos coa devandita finalidade. Pode retirar o seu consentimento libremente e en calquera momento.
Os datos recollidos con esta finalidade serán tratados mentres non se retire o consentimento e non se conservarán por un prazo superior a 2 anos dende a última interacción do interesado con luz e gas R.
b) Proporcionar ofertas adaptadas aos seus hábitos de consumo.
Naqueles supostos nos que o interesado nos facilite o seu CUPS ou enderezo físico, luz e gas R poderá consultalos nas Bases de Datos de Rexistro de Puntos de Subministración ao abeiro da normativa sectorial e as directrices da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia, coa finalidade de que lle ofrezamos a oferta que mellor se adapte aos seus hábitos de consumo.
Esta consulta farase segundo o seu consentimento expresado no momento de solicitar unha oferta personalizada, que poderá retirar en calquera momento.
Os datos obtidos da consulta conservaranse durante dous meses coa finalidade de poder manter ou mellorar a oferta.
c) Carriño abandonado.
ENaqueles casos nos que o Usuario inicie a contratación dos Servizos de luz e gas R e non se remate por calquera causa, luz e gas R poderá tratar os datos identificativos e de contacto achegados durante a contratación coa finalidade de pórse en contacto co Usuario por calquera medio, incluídos medios electrónicos, para tentar retomar a contratación e interesarse polos motivos do abandono ou fallo. luz e gas R leva a cabo este tratamento consonte o seu interese lexítimo e o do interesado de resolver calquera incidencia que se poida dar durante a contratación, así como, caso de abandono, coñecer os motivos e poder mellorar os nosos procesos.
Os datos tratados con esta finalidade conservaranse durante un máximo de dúas semanas dende o intento de contratación.
d) Sorteos e concursos.
Os datos proporcionados no marco de sorteos e concursos utilizaranse coa finalidade de xestionar estes, consonte a execución da relación que se estabelece ao decidir participar no sorteo ou concurso correspondente.
Os datos trataranse coa finalidade de xestionar o sorteo ou concurso e, no seu caso, comunicar e informar dos agraciados en cada acción.
Os datos tratados con esta finalidade conservaranse mentres dure a acción promocional e, despois, ata esgotarse o prazo de prescrición da responsabilidade.
e) Blogs e Newsletter.
luz e gas R poderá tratar os datos identificativos e de contacto que nos proporcione o interesado coa finalidade de enviarlle información xeral de luz e gas R ou do sector enerxético. Este tratamento farase se o Cliente presta o seu consentimento mediante a subscrición ao blog ou ao boletín de luz e gas R. Conservaremos os datos mentres non se dea de baixa da súa subscrición.
f) Atención de consultas.
luz e gas R dispón de varias canles de contacto, incluídas redes sociais, a través das que o Usuario pode facer as súas consultas. luz e gas R atenderá as devanditas consultas a través da mesma canle na que se fixeron, agás que se acorde outra cousa co Usuario. Os datos solicitados empregaranse coa única finalidade de atender a solicitude do interesado. Este tratamento de datos faise segundo o consentimento do interesado manifestado no momento de facer a súa consulta. A información conservarase nun histórico durante un prazo máximo dun ano a fin de poder retomar as consultas do cliente nese período de tempo.
g) Cookies.
O Sitio web dispón de tecnoloxía para a implantación de arquivos denominados cookies no equipo que se utilice para o acceso e navegación polo Sitio web. As cookies poden bloquearse ou desactivarse en calquera momento a través das opcións de configuración do navegador ou do panel de configuración. Se desexa máis información pode consultar a nosa Política de Cookies. A base xurídica do tratamento deses datos susténtase no consentimento do Usuario.
1.3 A quen comunicamos os seus datos?
Os datos solicitados para as devanditas finalidades non se comunican a terceiros, agás en caso de obriga legal ou requirimento xudicial.
1.4. Durante canto tempo conservaremos os seus datos?
Sen prexuízo dos prazos de conservación manifestados na sección 1.2, con carácter xeral, os datos poderán ser conservados polo tempo necesario para atender as finalidades que motivaron o seu tratamento e, tras iso, de forma bloqueada, ata a prescrición de obrigas legais derivadas do tratamento.
1.5. Cales son os seus dereitos?
Comunicámoslle que, consonte o previsto na lexislación de protección de datos, conta cos seguintes dereitos:
Dereito de acceso: Coñecer que tipo de datos estamos a tratar e as características do tratamento que estamos a levar a cabo.
Dereito de rectificación: Poder solicitar a modificación dos seus datos por ser estes inexactos ou non veraces.
Dereito de portabilidade: Poder obter unha copia nun formato interoperable dos datos que estean a ser tratados.
Dereito á limitación do tratamento nos casos recollidos na Lei.
Dereito de supresión: Solicitar a supresión dos datos cando o tratamento xa non resulte necesario.
Dereito de oposición: Solicitar o cesamento no envío de comunicacións comerciais nos termos antes sinalados.
Dereito a revogar o consentimento prestado, o que pode facer en calquera momento chamando a atención ao cliente ou a través da área privada.
Informámolo de que, conforme o previsto na lexislación de protección de datos, conta co dereito de acceso, rectificación, portabilidade, limitación do tratamento, supresión e oposición, así como de revogar o consentimento prestado en cada momento.
Pode exercitar estes dereitos enviando un correo postal ao enderezo Avenida de Bruselas, 38, 28108 Alcobendas (Madrid) ou un correo electrónico ao enderezo [email protected] indicando o dereito que vaia exercitar e acompañando a documentación requirida. Así mesmo, comunicámoslle que pode interpor unha reclamación perante a Axencia Española de Protección de Datos en www.aepd.es.
Se ten algunha dúbida sobre o tratamento dos seus datos persoais, pode contactar co noso Delegado de Protección de Datos (DPD ou DPO) enviando un correo electrónico a [email protected].