Política de cookies
Só utilizaremos cookies no teu dispositivo se nos dás consentimentos para iso. Podes aceptar, rexeitar ou revisar o teu consentimento en calquera momento a través do noso panel de configuración de cookies:
Esta Política de Cookies é aplicable á páxina web accesible a través de https://luzegasr.gal titularidade de Energía Colectiva S.L., comercializadora de electricidade e gas natural do Grupo Masorange, con CIF B98670003 e domicilio social en Calle Juan de Austria 28, 4ª planta, 46002, Valencia, en diante luz e gas R ou o Titular indistintamente.
O acceso e a navegación polo Sitio Web supón o uso e descarga de cookies propias e de terceiros no equipo terminal (computador, tableta, smartphone, etc.) co que se acceda e navegue por este, coa finalidade de permitir e optimizar a súa navegación, así como analizar algúns comportamentos durante a mesma, co único fin de analizar os nosos servizos e mostrarche publicidade relacionada coas túas preferencias segundo un perfil elaborado a partir dos teus hábitos de navegación.
Animámosche a ler con atención esta Política de Cookies para coñeceres con maior detalle o uso desta tecnoloxía por parte de luz e gas R.
1. Que son as cookies?
As cookies son pequenos arquivos de datos que se reciben no teu terminal dende o Sitio Web visitado e úsanse para rexistrar certas interaccións da navegación nun sitio web, unha aplicación móbil, etc., almacenando datos que poderán ser actualizados e recuperados do teu terminal. Estes arquivos almacénanse no computador ou terminal do usuario e conteñen datos, xeralmente anónimos que non son prexudiciais para o teu equipo. Utilízanse para lembrar as túas preferencias cando volves entrar nese sitio web, o idioma seleccionado nunha navegación anterior, os datos de acceso ou a personalización da páxina.
As cookies tamén poden ser utilizadas para rexistrar información anónima acerca de como un visitante utiliza unha páxina web. Por exemplo, dende que outra páxina web accedeu, ou se utilizou un “banner” publicitario para chegar a ela.
2. Consentimento
Ao accederes ao Sitio Web de luz e gas R ofrecerase certa información sobre o uso desta tecnoloxía a través do dispositivo ou equipo terminal utilizado, e solicitarémosche que nos outorgues o teu consentimento para iso.
Debes ter en conta que algunhas cookies poden ser precisas para o funcionamento do Sitio Web e, se denegas este consentimento, o acceso podería quedar impedido ou non funcionar correctamente.
Ademais, por medio do sistema ou panel de configuración, podes elixir entre aceptar ou rexeitar todas as cookies ou facelo polo miúdo e administralas.
En calquera momento podes retirar o teu consentimento ao uso desta tecnoloxía. Consulta o apartado "4. Como cambiar a configuración das cookies" desta Política de Cookies para obter máis información respecto diso.
3. Cookies empregadas no noso Sitio Web
Utilizamos as cookies estritamente necesarias e esenciais para analizar os nosos servizos ou mostrarche publicidade personalizada segundo un perfil elaborado a partir dos teus hábitos de navegación polo Sitio Web, empregando áreas seguras, opcións personalizadas, etc.
O Sitio Web tamén contén ligazóns a páxinas externas. luz e gas R non controla as cookies utilizadas por estas webs externas. No entanto, para obter máis información sobre as cookies das redes sociais ou outras webs alleas, o usuario pode acudir directamente ás súas propias políticas de cookies.
En concreto e segundo a súa finalidade, luz e gas R utiliza no Sitio Web os seguintes tipos de cookies:
Cookies de preferencia ou personalización: permiten ao usuario adaptar o Sitio Web de luz e gas R a algunhas características xerais preestablecidas como poden ser o idioma, o navegador empregado ou a rexión dende onde se accede.
Cookies técnicas: serven a tarefa de proporcionar fluidez e comodidade durante a navegación pola páxina, así como para garantir o correcto funcionamento do Sitio Web e dotalo de seguridade. Así mesmo, serven para xestionar os espazos e habilitar contido publicitario no Sitio Web. Por exemplo, as que serven para o mantemento da sesión, a xestión do tempo de resposta, rendemento ou validación de opcións, etc.
Cookies de análise ou medición: permiten obter información orientada á análise estatística do uso que os usuarios fan da páxina. Así, permiten coñecer as preferencias dos usuarios co fin de mellorar a oferta de servizos e limitar os impactos publicitarios. Por exemplo, analizando os termos de procura empregados polos usuarios para chegar á páxina, estudando a área xeográfica á que pertencen a maior parte de usuarios ou limitando a aparición de anuncios repetidos no Sitio Web.
Cookies de publicidade comportamental: permiten a xestión dos espazos publicitarios existentes na páxina de xeito que a cada Usuario se lle ofreza contido publicitario acorde aos seus hábitos de navegación e ás súas preferencias, así como outra información que facilite durante a navegación.
Caso de optares por non aceptar as cookies, non descargaremos ningunha, agás as que a norma nos permite (como cookies de personalización de idioma ou técnicas).
Deseguido ofrécese unha listaxe que agrupa as cookies empregadas en luz e gas R, indicando o tipo, orixe, finalidade e unha ligazón para que o usuario poida acceder ás Políticas de Cookies dos distintos sitios web de procedencia.
Tipo de cookie: Cookies técnicas
Orixe: Xfera Móviles, S.A.U.
Información: Enderezo IP
Finalidade: Almacenar idioma preferido, identificar sesión e rexistrar a aceptación da política de cookies.
Duración: Permanente
Caducidade: Ata 1 ano
Transferencia fóra da UE: Non
Ademais das cookies, tanto nós como as empresas enumeradas anteriormente podemos utilizar “píxeles de seguimento” (tamén coñecidos como web beacons ou pixel tags). Trátase de pequenas imaxes transparentes que se integran no propio Sitio Web (e, xa que logo, non se almacenan no equipo), e que nos permiten verificar aspectos como o número de visitantes dunha páxina concreta ou a configuración técnica do navegador dos usuarios que acceden a ela. As finalidades para as que se utilizan son análogas ás descritas na táboa anterior.
4. Como cambiar a configuración das cookies ou revogar o consentimento
En calquera momento poderás retirar o teu consentimento ao uso de cookies. Para iso, poderás:
Xestionar os consentimentos de cookies administrando as túas preferencias por medio do panel de configuración que pomos á túa disposición na páxina principal do Sitio Web.
Desactivar ou bloquear a descarga de Cookies a través das funcións específicas do navegador que utilices. Facilitámosche a continuación unha listaxe de instrucións e ligazóns sobre os pasos que deben seguirse para a activación, desactivación, borrado e xestión de cookies en función de cada navegador:
- Safari
- Safari para iOS
- Google Chrome
- Google Chrome para Android e iOS
- Internet Explorer
- Internet Explorer Mobile
- Microsoft Edge
- Mozilla Firefox
- Mozilla Firefox Mobile
- Opera
Estes navegadores están sometidos a actualizacións ou modificacións, polo que se a información ou as ligazóns anteriores estivesen desactualizadas, ou se o teu navegador non está nesta lista (Konqueror, Arora, Flock, etc.) ou non atopas a maneira de xestionar as cookies, consulta co Sitio Web oficial ou ponte en contacto connosco.
Se tes algunha dúbida, non dubides en escribirnos a través do seguinte enderezo de correo electrónico: [email protected] oou, se prefires, podes escribirnos a Energía Colectiva S.L., comercializadora de electricidade e gas natural do Grupo MASORANGE, con CIF B98670003 e domicilio social en Calle Juan de Austria 28, 4ª planta, 46002, Valencia.