Zona cliente

Información legal

Energía Colectiva, S.L., con CIF B98670003, e domicilio social en Calle Juan de Austria 28, 4ª planta, 46002, Valencia, e inscrita no Rexistro Mercantil de Valencia, Tomo: 9855, Folio: 40, Sección: 8, Folla Rexistral: V-161419, Inscrición: 8 é titular do Sitio Web accesible a través do URL: https://luzegasr.gal en diante, o Sitio Web), no que podes contratar os servizos de Energía Colectiva, S.L.

Para calquera consulta, dúbida ou suxestión respecto de luz e gas R, podes pórte en contacto connosco a través do enderezo de correo electrónico [[email protected]].

Deseguido procédese a mostrar as condicións que dun modo xeral regulan o acceso á páxina de luz e gas R, tanto dos servizos como das funcionalidades alí ofrecidas, sen prexuízo da aplicación doutras condicións distintas ou a súa modificación. Recoméndase lelas e revisalas de xeito periódico, xa que poden existir modificacións nos textos legais.

Condicións Xerais de Uso

1. Identificación das partes

As presentes condicións Xerais de Uso quedan subscritas dunha parte por luz e gas R e doutra por ti, como Usuario persoa física ou xurídica que accede voluntariamente de maneira libre e gratuíta ao Sitio web. Estas condicións serán aplicables independentemente de contratar ou non os servizos ofrecidos na plataforma.

2. Obxecto do Sitio Web

O presente Sitio Web ten como obxecto a subministración de enerxía e de gas natural, así como informar acerca dos servizos e funcionalidades de luz e gas R. O acceso e a navegación polo Sitio Web son gratuítos, aínda que o ofrecemento e compra de produtos comporta o pagamento dun prezo, así como a aceptación dunhas Condicións Particulares de Contratación.

3. Obrigas do Usuario

Como Usuario, mediante o mero acceso e navegación a través do Sitio Web, tes as seguintes obrigas:

Empregar o Sitio Web de maneira dilixente, correcta e lícita, sempre respectando a lexislación vixente, a moral e os bos costumes, así como a orde pública.

Revisar periodicamente estas Condicións, ou calquera outra que resulte aplicable, comprobando as modificacións que puidesen producirse.

Revisar as comunicacións que luz e gas R che remita, xa que poden conter información importante.

Non utilizar o Sitio Web con fins comerciais, especialmente para solicitar información ou contidos coa finalidade de prestar servizos que constitúan claramente unha competencia para luz e gas R.

Non modificar ou tratar de modificar de ningún xeito o Sitio Web, nin realizar accións ou utilizar medios orientados a simular a súa aparencia ou as súas funcións.

Non danar, desactivar, sobrecargar ou dificultar o servizo (ou a rede ou redes conectadas ao servizo), ou interferir no seu uso e goce.

Absterte de levar a cabo acción ningunha que implique a introdución de virus informáticos, vermes, troianos ou calquera outra clase de código malicioso destinado a interromper, destruír ou limitar as funcionalidades do Sitio Web.

Non empregar técnicas de enxeñaría inversa nin descifrar, descompilar ou utilizar calquera outro sistema destinado a coñecer o código fonte de luz e gas R.

En calquera caso, non realizar ningún tipo de acto que poida vulnerar dereitos ou intereses de luz e gas R ou de terceiros, como poidan ser, a modo de exemplo, dereitos de propiedade intelectual ou industrial (patentes, marcas, dereitos de copyright, segredos comerciais, etc.).

4. Dispoñibilidade do Sitio Web

luz e gas R trata de mellorar e expandir luz e gas R, do mesmo xeito que o seu contido e os servizos nel ofrecidos. A pesar diso, o Sitio Web mostrarase tal e como se atope en cada momento, segundo a dispoñibilidade, limitacións e outras circunstancias concorrentes.

5. Exclusión de responsabilidade

luz e gas R traballa para que os servizos e funcionalidades do Sitio Web se atopen sempre dispoñibles. No entanto, cando se acceda a el, mostrarase segundo a dispoñibilidade e as limitacións que concorran en cada momento.

A pesar do continuo esforzo de luz e gas R por protexer os sistemas e os contidos incluídos no Sitio Web, para o que emprega os estándares de seguridade habituais en Internet, non é posible ofrecer plenas garantías en relación coas intrusións ou perdas de información que poidan producirse. Do mesmo xeito, non pode garantirse a ausencia de virus ou doutros elementos daniños no Sitio Web ou en sitios web de terceiros que poidan producir alteracións no sistema informático, tanto software como hardware, do Usuario. Por esta razón, o Usuario asume e comprende que existan situacións que poidan escapar ao control de luz e gas R.

O Sitio Web pode incluír ligazóns a páxinas ou sitios de terceiros alleos a luz e gas R, sobre os cales non asume ningún tipo de responsabilidade, ao non aprobar nin revisar as súas funcións e contidos. O Usuario que acceda a calquera ligazón publicada no Sitio Web faino baixo o seu propio risco e sorte, sen que luz e gas R asuma responsabilidade ningunha por iso.

De igual maneira, o Sitio Web queda eximido de toda responsabilidade derivada dun mal uso do mesmo por parte dos Usuarios, así como polo incumprimento das obrigas ou compromisos asumidos en virtude destas condicións ou calquera outra aplicable.

6. Dereitos de propiedade intelectual e industrial

Todos os dereitos de propiedade intelectual e industrial sobre o Sitio Web e os seus contidos, entre os que se inclúen a programación, o deseño, as aplicacións, os gráficos, os códigos, texto ou imaxes, as marcas, nomes comerciais, signos distintivos e demais elementos nel presentes pertencen en exclusiva a luz e gas R, incluída a marca luz e gas R, ou contan con autorizacións ou dereitos abondos para a súa explotación.

Xa que logo, calquera reprodución, distribución, comunicación pública (incluída a posta a disposición), transformación ou calquera outra forma de explotación, aínda que for citando as fontes, fica prohibida, agás se é co consentimento previo, expreso e por escrito de luz e gas R ou do titular en exclusiva dos dereitos afectados.

Se detectas algunha infracción, pregámosche que nolo comuniques ao correo electrónico indicado na cabeceira.

7. Indemnización

luz e gas R pode sancionar calquera dos Usuarios que incumpran as condicións que lle son aplicables, coa imposibilidade de acceder, temporal ou indefinidamente, ao Sitio Web. A duración da sanción dependerá do tipo de infracción cometida. A restrición de acceso non comportará en ningún caso dereito a indemnización.

Calquera tipo de dano, prexuízo, perda ou custo (incluídos honorarios de avogados ou procuradores) derivado dun incumprimento por parte do Usuario destas Condicións ou de calquera outra que resultase aplicable no que incorrese luz e gas R deberá ser resarcido polo Usuario que o orixinou. Iso abrangue calquera reclamación de terceiros derivada dos devanditos incumprimentos.

8. Modificacións

As presentes Condicións poden ser en calquera momento modificadas ou actualizadas sen necesidade de previo aviso. As modificacións efectuadas entrarán en vigor a partir da súa publicación no Sitio Web, sexan cales foren a forma e o medio empregados para iso.

As modificacións só afectarán aos Usuarios que as aceptaran logo de se produciren.

9. Outras cuestións

9.1. Salvagarda e interpretación

Se a Autoridade competente declarase algunha destas disposicións ilegal, inválida ou non executable, iso suporá que deberá ser interpretada do xeito máis próximo á súa intención orixinal. En calquera caso, tal declaración respecto dalgunha ou algunhas cláusulas non prexudicará a validez das restantes.

A non esixencia por parte de luz e gas R do cumprimento estrito dalgún dos termos destas Condicións non constitúe nin poderá interpretarse en ningún caso como unha renuncia pola súa banda a esixilo nun futuro.

9.2. Idioma

O idioma aplicable ás presentes Condicións é o español. De facilitárense versións noutros idiomas, como o inglés, será unicamente por mera cortesía e maior comodidade para o Usuario. En caso de contradición prevalecerá a versión en español.

9.3. Lexislación e foro

As relacións entre luz e gas R e o Usuario rexeranse pola lexislación española e as discrepancias ou conflitos sobre estas Condicións someteranse aos Xulgados e Tribunais da Vila de Madrid agás no caso de o usuario ter a condición de consumidor ou usuario consonte a normativa aplicable, e entón será aplicable o foro correspondente.

Sendo consumidor dos nosos servizos ou usuario do noso Sitio Web, os conflitos someteranse aos Xulgados e Tribunais do domicilio do Usuario. No caso de non ter tal condición, os conflitos determinaranse nos Xulgados e Tribunais da Vila de Madrid.