Condicións legais do plan amigo
O Plan Amigo é un programa para premiar todos os clientes que queiran recomendar a un amigo, familiar ou coñecido que faga unha nova contratación dunha subministración de luz con luz e gas R.
Se es cliente de luz e gas R e queres presentar un amigo (Presentador):
Deberás ter un contrato da luz para poder presentar un amigo, familiar ou coñecido e así beneficiarte desta promoción.
Terás que estar activo e ao corrente do pagamento en luz e gas R no momento de presentares o teu amigo, no momento no que o novo amigo contrate con luz e gas R e mentres reciba o desconto na súa factura.
Unha vez que o teu amigo teña contratado un produto de luz activo con luz e gas R, a ti descontaránseche da túa seguinte factura de luz os primeiros 5 € (impostos incluídos), sempre que o teu amigo siga activo e ao corrente do pagamento con luz e gas R nese momento.
Aplicarase un máximo de 1 Plan Amigo por factura emitida da luz, cun máximo de 5 € (impostos incluídos) de desconto por factura. Se o desconto é maior do que o importe da factura, os cartos restantes acumularanse para descontar nas seguintes facturas. Non se aplican descontos nas facturas de baixa.
Como Presentador, por cada presentación exitosa, poderás recibir ata un máximo de 20 € (impostos incluídos) de desconto por Presentado nas túas facturas, sen que haxa ningún límite de recomendacións exitosas. Podes recomendar as veces que queiras.
Se un cliente de luz e gas R te presentou como o seu amigo (Presentado):
Como Presentado deberás contratar a luz con luz e gas R a través do Plan Amigo, no que un cliente existente de luz e gas R presenta un novo cliente por primeira vez en luz e gas R. En canto se che active o contrato descontaránseche 5 € (impostos incluídos) da primeira factura de luz, sempre que esteas ao corrente de pagamento. O cliente de luz e gas R, o Presentador, debe estar activo no momento de presentar o novo amigo, no momento que o novo amigo contrata con luz e gas R e no momento que recibe o desconto na súa factura.
Aplicarase un máximo dun desconto de Plan Amigo por factura emitida, cun máximo de 5 € (impostos incluídos) de desconto. Se o desconto é maior do que o importe da factura, os cartos restantes acumularanse para descontar nas seguintes facturas. Non se aplican descontos nas facturas de baixa.
Como Presentado poderás recibir ata un máximo de 20 € (impostos incluídos) de desconto nas túas facturas.